Aeroporto de Cairns

Aeroporto de Cairns
Cairns Airport

IATA: CNS – ICAO: YBCS
Sumario
Tipo público
Operador North Queensland Airports Group
Cidade/Illa Cairns
Localización Aeroglen
Elevación (msnm) 3 metros / 10 pés
Coordenadas Coordenadas: 16°53′09″S 145°45′19″L / -16.885833333333, 145.75527777778
Web http://cairnsairport.com.au/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
15/33 3 156 10 354 asfalto
Estatísticas (2016-2017)
Pasaxeiros 4 898 189[1]

O aeroporto de Cairns (IATA: CNSOACI: YBCS) é un aeroporto internacional australiano en Cairns, Queensland. Anteriormente operado pola Cairns Port Authority, o aeroporto foi vendido polo goberno de Queensland a un consorcio privado en decembro de 2008. É o sétimo aeroporto máis concorrido de Australia. Está situado a 4,3 quilómetros ao norte de Cairns, no suburbio de Aeroglen.

O aeroporto ten voos directos a 18 destinos internacionais e 30 domésticos e moitos voos de aviación xeral, incluídos varios operadores de helicópteros. Hai voos a todas as grandes cidades australianas e aos principais destinos turísticos do país, a comunidades rexionais no norte de Queensland e a varios destinos internacionais na rexión Asia-Pacífico. O aeroporto foi a base principal de Australian Airlines ata o seu cesamento de operacións en xuño de 2006. Tamén é unha base para o Royal Flying Doctor Service de Australia e para os helicópteros de busca e rescate do servizo de emerxencias do estado.

  1. BITRE (ed.). "Aviation Statistics". Consultado o 19 de abril de 2018. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy